Noiturno do adoescente morto.
NOCTURNO
Poema: Noiturno do adoescente morto
Imos silandeiros orela do vado
pra ver o adoescente afogado.
Imos silandeiros veiriña do ar,
antes que ise río o leve pró mar.
Súa ialma choraba, ferida e pequeña
embaixo os arumes de pinos e de herbas.
Ágoa despenada baixaba da lúa
cobrindo de lirios a montana núa.
O vento deixaba camelias de soma
na lumieira murcha da súa triste boca.
¡Vinde, mozos loiros do monte e do prado,
pra ver o adoescente afogado!
¡Vinde, xente escura do cume e do val,
antes que ise río o leve pró mar!
O leve pró mar de curtiñas brancas
onde van e vén vellos bois de ágoa.
O vento deixaba camelias de soma
na lumieira murcha da súa triste boca.
¡Vinde, mozos loiros do monte e do prado,
pra ver o adoescente afogado!
¡Ai, como cantaban os albres do sil
sobre a verde lúa, coma un tamboril!
¡mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
porque xa ise río mo leva pró mar!
¡Ai, como cantaban os albres do sil
sobre a verde lúa, coma un tamboril!