NANA
Canzón de cuna para Rosalía de Castro
NANA
Poema: Canzón de cuna para Rosalía de Castro
¡Erguete, miña amiga,
que xa cantan os galos día!
¡Erguete, miña amada,
porque o vento muxe, como unha vaca!
Os arados van e vên
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
Que trae a dor de Galicia
Galicia deitada queda
Transida de tristes herbas.
Herbas que cobren o teu leito
E a negra fonte dos teus cabelos
Cabelos que van ao mar
Onde as nubens teñen o seu
Nidio pombal.