CANTIGA

Cantiga do neno da tenda

Poema: Cantiga do neno da tenda

 

Bos aires ten unha gaita

sobre do Río da Prata

que a toca o vento do norde

coa súa gris boca mollada.

¡Triste Ramón de Sismundi!

Aló, na rúa Esmeralda,

basoira que te basoira

polvo déstantes e caixas.

Ao longo das rúas infindas

os galegos paseiaban

soñando un val imposíbel

na verde riba da pampa.

¡Triste Ramón de Sismundi!

Sinteu a muiñeira dagoa

mentres sete bois de lúa

pacían na súa lembranza.

Foise pra veira do río,

veira do Río da Prata

sauces e cabalos núos

creban o vidro das ágoas.

Non atopou o xemido

melancónico da gaita,

non viu o inmenso gaiteiro

coa frólida dálas:

Triste Ramón de Sismundi,

veira do Río da Prata,

viu na tarde amortecida

bermello muro de lama.